Asemblea aberta e eleccións á Xunta Directiva da Asociación Cultural Castelo Conta

A Asociación Cultural Castelo Conta convoca asembleas ordinaria e extraordinaria electoral, de conformidade cos seus estatutos, e coa Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación.

SÁBADO 24 DE MAIO DO 2025 · 13.30 H
POLIDEPORTIVA DE CASTELO (CULLEREDO)

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da memoria de actividades do ano 2024 e a conta de resultados do exercicio.
  2. Aprobación, se procede, da memoria de actividades para o ano 2025 e do orzamento para o exercicio.
  3. Eleccións á Xunta Directiva
  4. Rogos e preguntas

A presentación de candidaturas para as eleccións á Xunta Directiva realizarase de xeito anticipado a través do correo electrónico ola@casteloconta.gal (antes do venres 23 de maio). As candidaturas deberán estar formadas por polo menos tres persoas, socias da entidade e ao corrente das cotas. No caso de non existir candidaturas con anterioridade á data prevista, a elección realizarase de forma aberta e presencial na propia asemblea.

Castelo acolle un curso sobre a constitución de agrupacións forestais de xestión conxunta
Antonio Fero, reelixido presidente da Asociación Cultural Castelo Conta
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.