As músicas do Castelo Conta

Descubre a proposta musical do Castelo Conta nesta sétima edición, entre os ritmos tradicionais e contemporáneos.

Nesta edición do Castelo Conta, a música é unha das obvias protagonistas do programa. O conxunto de artistas cos que contaremos ao longo da semana comparten unha meta común: a aposta pola recuperación cultural galega.

Así, entre versións acústicas e experimentais trasncorrerán as xornadas do festival, ambientando os diferentes lugares de Castelo. Contaremos con figuras recoñecidas con amplas traxectorias no panorama musical galego, mais tamén con bandas de recente creación que nos acompañan no comezo da súa carreira. 

Con todo, os sons do Castelo misturan tradición e innovación nunha diversidade de propostas musicais que nos achegan as nosas raíces populares e, cunha nova perspectiva contemporánea, as manteñen vivas.

Podes escoitar os últimos traballos de Caamaño & Ameixeiras, Sés, Xurxo Fernandes, Guadi Galego, Xabier Díaz ou Moura na listaxe de repordución do Castelo Conta.

Camiñando por Castelo
Noite de comedia en Castelo!
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.