A Asociación Cultural Castelo Conta encarga a fabricación de máis de 100 novos elementos de mobiliario grazas ao financiamento da Deputación da Coruña.
Bancos ou tarimas de madeira sostible para multiplicar a actividade da asociación
Víronse durante a pasada edición do festival Castelo Conta e foron moitas e moitos os que preguntaron por eles. Os bancos cos que se instalou a auditorio natural do Monte Xalo na primeira fin de semana de festa son algúns dos elementos de mobiliario que durante todo este ano incorporou a Asociación Cultural Castelo Conta.
O obxectivo, dotarnos de máis medios para poder multiplicar a nosa actividade ao longo de todo o ano, e desestacionalizar así a programación do verán. A Deputación da Coruña financiou a través das subvencións para equipamentos culturais a adquisición de máis de cen mobles (bancos, cadeiras, mesas, tarimas…) que forman xa parte dos recursos da asociación.
Todos os elementos foron deseñados e construídos pola empresa Banale con madeira sostible, con tratamentos á auga, e pensados para facilitar a súa almacenaxe e transporte. Os distintos mobles levan, ademais, gravados na madeira os logotipos do Castelo Conta e a Deputación da Coruña.
No pasada edición do festival boa parte das instalacións no Monte Xalo realizáronse grazas a estes novos medios, evitando así o alugueiro de cadeiras e mesas de plástico.
