Noite de comedia en Castelo!

O sábado 27 é o día grande do Castelo Conta. Un día cheo de actividades que culminan nunha noite de música e humor. A banda Galifunk Brass abrirá a noite do sábado, inaugurando esta xornada nocturna. A música arrincará ás 21:00h, dando paso á comedia unha hora despois.

Así, ás 22.00h dará comezo o espectáculo máis esperado da semana, o show de monólogos que cada ano enche de gargalladas a polideportiva de Castelo. Nesta edición contaremos coa presenza de Xosé A. Touriñán, Noemi Rodríguez, Oswaldo Digón, Pepo Suevos, Carlos Blanco, Isabel Risco, Darlene Rodríguez, Javier Veiga, David Amor, David Perdomo e Patricia Castrillón. 

Da man destes once grandes da comedia desfrutaremos de tres horas de humor sen límites, contando coa oportunidade de ver en escena a unha parte significativa da comedia deste país. Posteriormente, a festa continuará coa música de Los Mecánicos e DJ Mínimo.

Podes comprar as entradas para desfrutar desta xornada ben a través da páxina web ou nos puntos de venda física. A entrada para o día completo tamén inclúe o acceso á andaina e o xantar.

X