Compartimos a festa con Méndez-Rojo

Con Méndez-Rojo únenos o apego pola nosa terra, o coidado da nosa tradición e o gusto por compartila cos amigos. É por iso que Vía Romana Mencía e Mil Ríos Godello serán os viños oficiais do Castelo Conta.

No Castelo Conta facemos a festa cos veciños e cos amigos, gústanos estar sempre nas mellores compañías. Xuntámonos para bailar, rir, falar, compartir as experiencias dos nosos maiores, coñecer un pouco máis da nosa historia, descubrir novos xeitos de contar, de facer música, de divertir… Tamén camiñamos moito pola nosa aldea, monte arriba e abaixo, e seguimos bailando.

Nunha semana tan intensa de festa, o viño non pode faltar nos xantares, aperitivos e ceas. Con Méndez-Rojo Familia Adegueira únenos a paixón por coidar a tradición, desenvolver de xeito sustentable o medio rural e o respecto pola nosa contorna. Unhas adegas familiares, con máis de 80 anos de experiencia, que desde o corazón da Ribeira Sacra foron medrando paseniño ata producir viños das 5 D.O. galegas.

É por iso que Vía Romana Mencía e Mil Ríos Godello serán os viños oficiais do Castelo Conta, acompañándonos nos xantares, nos seráns e nas noites, compartindo a música, a conversa, as risas e, sobre todo, a festa!

 

Domingo de vermú con Sito Sedes
A sesión vermú, con Nordesía
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.