25 Lolita’s e Burla Negra coas noites de Castelo

O Castelo Conta dá para moito e os días son moi longos. A festa non para e pasamos o día compartindo risas, bailes e conversas cos nosos amigos e veciños. No noso xeito de facer, a historia ten moito peso, o por que somos como somos e por que contamos as cousas como as contamos. E é que contar é unha arte, e as historias constrúen as nosas experiencias; as historias de 25 Lolita’s e Ron Burla Negra teñen moito que ver coa experiencia que ofrecen estes destilados autóctonos, tradicionais e fortemente orixinais. Ademais, compartimos o compromiso co desenvolvemento sostible do noso medio rural e o gusto pola diferencia na tradición.

25 Lolita’s é a homenaxe á avoa Lolita. propietaria da finca La Ramallosa, onde se cultiva cereal e se extrae auga para a súa elaboración. É o primeiro destilado galego de baixa graduación, elaborado a partir de cereal cultivado co noso particular clima e auga propia extraía da “mina de auga” da propia finca de destilería. Unha excavación do ano 36 con máis de 300m de galerías subterráneas transitables que achega a auga máis pura de Galicia.

O Ron Burla Negra chega do outro lado do atlantico á súa destilería onde se lle aporta o seu carácter auténtico. Un ron con 3 años que é envellecido a maiores, durante 24 mareas vivas, en barricas que tiveron Albariño no seu interior previamente. Isto apórtalle un carácter especial, que lembra á crianza que sufría o ron nas travesías marítimas, durante as que adquiría un aroma e sabor únicos. Para rematar o carácter galego deste ron, entra en xogo a auga do Atlántico, que aporta un toque inconfundible e único.

X