Achegámonos á natureza coa Xente Miúda

As actividades propostas teñen como obxectivo achegar á cativada a importancia da oralidade e a súa conservación e o respecto polo noso medio natural e o seu coidado.

O luns 22, arrinca o Castelo conta e comeza coa programación do festival deseñada para os cativos e cativas. A Xente Miúda do Castelo Conta terá lugar dende o luns ata o venres de 10.00 a 14.00 horas. Durante todo ese tempo, as actividades propostas teñen como obxectivo achegar á cativada a importancia da oralidade e a súa conservación, o respecto polo noso medio natural e o seu coidado e coñecer a flora e fauna que nos rodea.

Todo isto sen perder de vista a diversión, aprender pasándoo ben é máis doado e no Castelo Conta a diversión sempre vai por diante. Tamén almorzaremos diariamente con Deleite, para comezar o día con enerxía, temos moita actividade para esas catro horas de mañá.

Co obxectivo de que os Miúdos se acheguen máis á natureza, realizaremos accións específicas como un roteiro polo Xalo, para coñecer de primeira man a nosa biodiversidade e tamén diferentes obradoiros, como o de autocultivo, durante o que os veciños e veciñas de Castelo ensinarannos como cultivar as nosas propias verduras e hortalizas. Para esta actividade contaremos tamén coa colaboración de A Botica do Agro, quen nos facilita todo o preciso para poder ter unha boa colleita.

A semana rematará coa Función dos Miúdos, na que representarán unha obra que irán creando durante a semana. Como punto final, o xantar do miúdos contará coa actuación de Pakolas, que traerá o seu rock para que acabemos pasándoo en grande todos xuntos.

 

25 Lolita’s e Burla Negra coas noites de Castelo
E arrincou a VII edición do Castelo Conta!
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.