Leva o Castelo Conta 2025 no teu peto! Xa está dispoñible a app oficial do festival, unha ferramenta pensada para vivir esta décima edición sen perder detalle: programación actualizada, artigos, multimedia, mapa interactivo e notificacións en tempo real. Todo desde o teu móbil.
Xa podes descargar a app do Castelo Conta 2025
O Castelo Conta ofrece un ano máis a súa aplicación oficial, dispoñible de forma gratuíta para dispositivos Android e iOS. Pensada para o público, a app é a mellor maneira de seguir o festival de preto e desfrutar da programación con comodidade, en tempo real e con acceso a contidos exclusivos.
Está deseñada para resulte útil e sinxela, quedando na parte inferior da pantalla as iconas principais que levan a diferentes apartados:
- Novidades e entradas: toda a actualidade do festival, últimas novas e acceso directo á información dos espectáculos que requiren reserva ou entrada.
- Axenda: a programación completa organizada por días e horas, para saber en cada momento que sucede e onde. As mañás están reservadas para o campamento infantil Xente Miúda; ao mediodía gozaremos dos Vermús na Taberna en Casa Rodríguez; polas tardes, temos os Contos de Castelo; e pola noite, será o turno da comedia e a música. O sábado 30 celébrase o día grande do festival e o domingo 31 a tradicional Romaría do San Ramón. Todo isto, sen esquecer que os tres primeiros días do festival serán levados a cabo no Monte Xalo.
- Caderno: acceso directo ao caderno dixital do festival, entrevistas e contidos especiais que permiten mergullarse máis no espírito do Castelo Conta.
- Multimedia: fotografías, vídeos e tamén os programas de Contos de Castelo de edicións anteriores, para volver escoitar e revivir os mellores momentos.
- Lugares: un plano interactivo coas localizacións de todas as actividades, espazos e servizos do festival. Ademais, cada lugar incorpora un audio asociado no que coñecerás historias, curiosidades e lembranzas narradas polos propios veciños e veciñas de Castelo.
Un dos puntos fortes da aplicación é o sistema de notificacións en tempo real, que permite recibir avisos de recordatorios, posibles cambios de programación ou novidades de última hora. Ter a app descargada garante unha experiencia moito máis completa, coa sensación de levar o festival enteiro no peto.
O Castelo Conta 2025 quere ser vivido con intensidade, e a súa app é unha aliada imprescindible para quen non queira perder nada. Descárgaa xa en Android ou en iOS e prepárate para gozar dunha edición conectada, organizada e chea de experiencias.
