Estrella Galicia súmase ao Castelo Conta 2025 para acompañar á comunidade e á cultura, e celebrar as dez voltas á festa. A cervexa galega por excelencia estará presente na taberna e outros espazos do festival.
Estrella Galicia brinda pola cultura no Castelo Conta 2025
Este ano chega, da man de Hijos de Rivera, unha das colaboracións que celebrarán con nós a décima edición do festival. Estrella Galicia estará presente no corazón social da parroquia, Casa Rodríguez, así como nos concertos, sesións vermú, seráns e espectáculos que enchen de vida cada recuncho do festival.
Con máis de cen anos de historia, Estrella Galicia é hoxe unha das marcas máis recoñecibles do país. Naceu como un proxececto familiar que rematou por converterse en referente internacional sen perder nunca a conexión co seu lugar de orixe.
O que comezou en 1906 como unha pequena cervexaría familiar en A Coruña, é hoxe unha corporación con presenza en máis de 60 países. Con todo, Hijos de Rivera nunca perdeu o sentimento de pertenencia, e continúa apostando pola calidade, a innovación sostible, o respecto polo territorio e o apoio decidido á cultura galega, o que os fai cómplices naturais dun proxecto coma o noso.
Desde Estrella Galicia, apoian ao talento, impulsan a música e crean iniciativas que manteñen vivo o espírito galego. A súa colaboración no Castelo Conta é unha mostra desa complicidade, supón compartir con todas e todos nós unha década de historias, recoñecer á comunidade que o fixo posible e acompañarnos a soñar co futuro.
Nesta décima edición, a presenza de Estrella Galicia reafirma que a cultura, a festa e a comunidade poden camiñar da man dun compromiso sostido no tempo. É unha complicidade que segue medrando cada ano, de maneira próxima e constante.
