O traxe novo do emperador 

Os nenos e nenas do Castelo Conta 2026 convertéronse en cineastas durante a última mañá de Xente Miúda.

Durante a última mañá de Xente Miúda no Castelo Conta 2026, a cativada mergullouse no mundo do cinema de sombras da man de Iria Fafián. Despois de experimentar coa luz, crear figuras e descubrir todo o que podían contar as sombras, chegou o momento de poñer en práctica o aprendido.

Para facelo, escolleron un clásico: O traxe novo do emperador. Entre cartulinas, mans, luces e sombras, reconstruíron a historia do emperador obsesionado cos seus traxes e dos falsos tecedores que conseguen enganalo coa promesa dunha tea invisible aos ollos dos necios.

Cada escena foi tomando forma diante da luz e, pouco a pouco, a historia foi quedando gravada como memoria desta actividade. Unha maneira diferente de achegarse ao cinema, experimentando cos seus elementos máis básicos e descubrindo que para contar unha historia ás veces abonda cunha luz, unha sombra e un pouco de imaxinación.

O resultado foi esta pequena película feita por elas e eles.

Unha volta aos fogóns do Castelo Conta
‘Mulleres que Contan’ chega a Vedra da man do proxecto ‘A Lacena Pequena’
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.