Máis Enerxía é unha compañía galega de luz e gas comprometida coa sostibilidade, a atención personalizada e o desenvolvemento local. Na décima edición do Castelo Conta, iluminará os espazos do festival, creando unha atmósfera única.
Máis Enerxía: a luz que transforma o escenario
No Castelo Conta vivimos a cultura cos cinco sentidos. E se ben o día nos deixa ver a esencia da parroquia, á tardiña os espazos cobran outra dimensión. Este ano, temos a sorte de contar coa colaboración de Máis Enerxía, que será a encargada de transformar cada recuncho do festival a través da iluminación.
Máis Enerxía defínese como unha empresa que aposta por un modelo sostible e polo desenvolvemento local. Demóstrao o seu apoio directo a entidades deportivas e culturais galegas. Ademais apoiar o Castelo Conta no seu décimo aniversario, son patrocinadores do equipo de fútbol feminino As Celtas e provedores de enerxía do Grupo RC Celta. Tamén impulsaron en 2025 a Copa Máis Enerxía de fútbol base feminino e traballan noutros proxectos en prol do talento e a identidade do país.
