Leva contigo un anaco da décima edición do Castelo Conta

Na décima edición do Castelo Conta non só celebramos con música, contos e encontros. Este ano tamén traemos produtos oficiais e exclusivos, para que poidas levar contigo un recordo especial do festival, colaborando así a manter viva esta festa da cultura, do rural e da comunidade.

merchan

O Castelo Conta 2025 é unha edición histórica: celebramos dez anos de vida, dez anos de ilusión compartida e de orgullo polo noso. E, como non podía ser doutro xeito, os agasallos tamén teñen un papel especial nesta festa.

Durante todo o festival, os asistentes poderán atopar á venda produtos oficiais, pensados con agarimo e deseñados coa identidade propia do Castelo Conta. Están dispoñibles en venda física, tanto na taberna do festival (Casa Rodríguez) como nas actividades. Tamén están dispoñibles en venda online a través da tenda na nosa web.

  • Camisetas (Talles L, M, S, XL e XXL e tamén para a cativada)
  • Camiseta solidaria con Ecos do Sur, da que todo o recadado irá destinado á ONGD que traballa en Galicia apoiando a persoas migrantes e refuxiadas. (Talles S, M, L, XL e XXL)
  • Suadoiros con e sen caperucha (Talles S, M, L, XL e XXL)
  • Bolsas de tea
  • Dominó
  • Baralla de cartas
  • Táboa de madeira para embutidos

Cada un destes produtos non é só un recordo do festival, senón tamén unha forma de apoiar o proxecto. A súa compra contribúe a que o Castelo Conta siga a ser unha cita aberta, feita pola veciñanza e para todas as persoas que se achegan a vivila.

Leva contigo un anaco da décima edición e axuda a manter vivo o espírito do Castelo Conta.

O Castelo Conta 2025 estreouse ó son da gaita no Monte Xalo
Rematamos bailando por todo o alto: todo isto pasou na segunda xornada do Castelo Conta
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.