Falar e convivir no Castelo Conta con Celso Sanmartín

A tradición oral será protagonista da tarde do martes a través das historias do contador de Lalín.

Para Celso Sanmartín os contos son vida. El mesmo di que “non contar sería tanto como non convivir, e polo tanto, en positivo, contar é convivir“. E con esta filosofía, o contador de Lalín chega a Castelo para compartir as súas historias cos veciños e con todo aquel que se achegue ao festival.

Celso Sanmartín, ou Celsiño, como tamén lle chaman, ten escoitado moitos contos. Historias que lle contaban e contan os máis maiores. Naceu, medrou e viviu rodeado de contos, e dese escoitar fixo a súa profesión: agora é el o que narra. Defínese así mesmo como colleitador, pero non só da súa horta, se non tamén das historias da vida.

A palabra é a maior ferramenta de Celso Sanmartín. Con ela transmite historias que pertenceron a outras persoas. A tradición oral será a protagonista da tarde do martes. O espectáculo, de libre acceso, terá lugar o 22 de agosto nos Petoutos (Vilaverde) a partir das 20.00 horas.

Combo Viramundo, Muchachito e Lamatumbá, xuntos na noite do venres
A música de Susana Seivane será a protagonista da noite do martes
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.