A música de Susana Seivane será a protagonista da noite do martes

A gaiteira estarán en Vilaverde cun concerto de pequeno formato.

Orixinalidade e frescura é ao que ten acostumado Susana Seivane ao seu público. Dende moi pequena demostrou que estaba destinada á música, pois con 3 anos xa tiña unha gaita entre as súas mans. Con este comezo tan temperá, xa son 40 anos os que leva apegada á tradición musical. Colleu o relevo dunha familia ligada á gaita, sendo seu pai e o seu avó gaiteiros e artesáns, e deles herdou o seu amor pola música tradicional. 

A artista non deixa de sorprender rodeándose de xente que aporta unha nova perspectiva á cultura tradicional. Nas súas costas cóntase un milleiro de concertos en máis de 20 países, demostrando que a cultura galega non ten fronteiras. 

Susana Seivane chega ao Castelo Conta en pequeno formato para ofrecer un espectáculo único en Vilaverde. O concerto, de entrada libre, terá lugar o martes 22 a partir das 21.00 horas

Falar e convivir no Castelo Conta con Celso Sanmartín
Pés lixeiros para gozar co concerto de Xabier Díaz
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.