Clínica Pardiñas: o sorriso como sinal de identidade

Pardiñas Clínica Médico Dental, con máis de trinta e cinco anos de experiencia e un firme compromiso social, súmase un ano máis ao Castelo Conta para apoiar e celebrar a cultura, a comunidade e a felicidade que nace dun sorriso.

Pardiñas Clínica Médico Dental é un proxecto con máis de trinta e cinco anos de experiencia no coidado da saúde bucodental, pioneiro en técnicas como os implantes dentais e a rexeneración ósea, e sempre á vangarda para mellorar a vida dos seus pacientes. Nesta décima edición do Castelo Conta, compartirán connosco unha exposición moi especial de retratos que celebran un dos bens máis valiosos que temos: o sorriso.

Fundada na Coruña e cunha sólida traxectoria profesional, Clínica Pardiñas combina especialización en todas as áreas da odontoloxía cun compromiso social moi marcado. En 2013 fundaron a primeira Fundación Galega dedicada en exclusiva á atención bucodental, achegando tratamentos gratuítos a persoas con recursos limitados. É a súa maneira de devolver á comunidade o apoio recibido ao longo dos anos, poñendo o seu coñecemento e recursos ao servizo de quen máis o precisa.

No Castelo Conta, o sorriso é parte da nosa identidade: aparece nos monólogos, nas contadas, nas conversas á porta da taberna e nos encontros que xuntan á veciñanza e visitantes. É a expresión espontánea da felicidade que compartimos durante estes días. Por iso, esta colaboración con Pardiñas Clínica Médico Dental encaixa á perfección: porque entendemos o sorriso como algo que vai máis alá da saúde, é tamén un símbolo de benestar, orgullo e conexión coas persoas que nos rodean.

Como parte desta colaboración, Pardiñas e o Castelo Conta promoverán unha exposición de retratos que poñen rostro aos centos de persoas que fixeron posible estes dez anos de festival. Poderase ver nas redes do festival e da clínica nos próximos días, e tamén na propia Clínica Pardiñas a partir da próxima semana. Unha maneira máis de celebrar todo o que nos une: a comunidade, a cultura… e a alegría de sorrir.

Nace ‘Mulleres que contan’: as mulleres de Castelo exportan o seu documental colaborativo
O Castelo Conta colabora un ano máis coa FAXPG para facer a cultura accesible a persoas xordas
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.