Venres de música e estreas en Castelo
Presentamos ‘Bechos’, falamos da emigración e bailamos con Russ, Artur M Puga, Combo Viramundo, Muchachito e Lamatumbá.
Toda a actualidade do Castelo Conta e a actividade da asociación
Presentamos ‘Bechos’, falamos da emigración e bailamos con Russ, Artur M Puga, Combo Viramundo, Muchachito e Lamatumbá.
Nos últimos Contos de Castelo, presentados por Carretero e Lezcano, o tema vai de emigración, ese coitelo que á vez crea e mata.
A xornada do xoves deixounos unha chea de contos con David Amor, risas con Perdomo e Touriñán e moito baile coa Familia Caamagno.
Lendas, curandeiras, mitos e seres estraños. A cuarta sesión dos Contos de Castelo, con David Amor ao micro, vai do normalmente paranormal.
Podes mercar os produtos promocionais para ir á última e colaborar co festival.
Asistimos á estrea de ‘Nena’, falamos da infancia e bailamos con Russ e Belém Tajes nunha tarde moi emocionante.
A verdadeira patria dun é a infancia. Ou iso dixo Carlos Blanco no terceiro día dos Contos de Castelo no que se lembrou o que era ser neno daquelas.
Esta tarde esgotáronse as últimas entradas que quedaban para o espectáculo de monólogos e humor do sábado, o día grande. Aínda podes mercar tíckets para o xantar, a andaina e a cea do sábado, en casteloconta.gal
23/08 20:12
Para o espectáculo CORENTENA do xoves e para a NOITE DE MONÓLOGOS do sábado só quedan entradas á venda no posto itinerante de merchandising do festival, que hoxe mércores estará en XALO a partir das 18.00
23/08 13:11