‘Aire!’ fresco no Castelo Conta

Caamaño & Ameixeiras pechará a xornada do luns 22 presentando os temas do seu disco ‘Aire!’

A música tamén será protagonista nesta edición do Castelo Conta, que pecha a súa primeira xornada coa presenza do dúo Caamaño & Ameixeiras. Estas dúas artistas achegarnannos a arte sonora popular de aquí e alí, mais tendo a influencia galega como punto de orixe e tamén de retorno.

Así, na noitiña do luns 22 de agosto, percorreremos a xeografía das emocións, chea de constrastes, a través da fusión instrumental do acordeón e o violín. Nesta viaxe tamén nos acompañará a voz nunha celebración colectiva que pon a tradición no centro e que remata por ser linguaxe propia nas diferentes composicións que dan forma a Aire!, o seu primeiro traballo discográfico.

A entrada é de balde, polo que só terás que achegarte a Castelo de Abaixo ás 21:00h para desfrutar do concerto.

Unha gran noite de martes
Sesión acústica de Sés en Folgueira
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.