A gran noite de monólogos do Castelo Conta

David Amor, Pepo Suevos, Marita Martínez, Lucía Veiga, David Perdomo, Federico Pérez, Patricia Castrillón, Noemi Rodríguez e Rober Bodegas protagonistas deste ano.

O sábado 26 é o Día Grande do Castelo Conta, unha longa xornada que comeza ao xantar e remata de madrugada. Logo da andaina, unha vez ceados, arrinca a tradicional noite de monólogos, espectáculo que é a orixe do que hoxe en día é o Castelo Conta.

Presentada por Touriñán, este ano participarán David Amor, Pepo Suevos, Marita Martínez, Lucía Veiga, David Perdomo, Federico Pérez, Patricia Castrillón, Noemi Rodríguez e Rober Bodegas. A noite de monólogos é xa un clásico no que os mellores cómicos e cómicas do pais mesturan as súas actuacións con dinámicas de impro e cao música. Ao rematar as actuacións, a festa continúa coa música de Salamandra e DJ Mínimo para que a festa non pare!

As entradas están á venda na web e nos puntos de venda físicos do festival. Se queres pasar o día enteiro en Castelo, lembra que os tíckets para o xantar, a andaina e a cea véndense á parte, estando dispoñibles tanto nos puntos de venda físicos como na web.

Unha oportunidade única para ver o Combo Viramundo
Nunha semana comezamos!
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.