Seguimos avanzando na accesibilidade

O Castelo Conta terá intérpretes de lingua de signos en varios dos espectáculos esta edición.

O Castelo Conta volverá ter nesta edición espectáculos accesibles mediante intérpretes de lingua de signos grazas á colaboración, un ano máis, da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. Esta iniciativa en favor da accesibilidade do festival para as persoas xordas comezou na pasada edición co signado de Somos Criminais 3, con Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán e a Noite de Monólogos.

Nesta edición, ademais da Noite de Monólogos, será Corentena o outro espectáculo que contará con varios intérpretes de lingua de signos para facilitar o acceso das persoas xordas e con perda de audición. Esta acción enmárcase dentro do compromiso do Castelo Conta por seguir camiñando na accesibilidade para públicos con pérdidas auditivas e outros problemas sensoriais e na adaptabilidade dos contidos da programación.

Achegar os espectáculos de humor e os eventos culturais ás persoas xordas é unha prioridade para o festival, polo que continuar esta colaboración coa FAXPG é unha alegría para a organización do Castelo Conta.

Grandes músicos en pequeno formato
As mulleres de Castelo, protagonistas dun documental
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.