Noite de música con Xabier Díaz e Guadi Galego

O venres 26 de agosto a polideportiva de Castelo encherase de música cos concertos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Guadi Galego.

O venres 26 de agosto, ás 22.00 horas, a polideportiva de Castelo encherase de música cos concertos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Guadi Galego. Dúas das figuras máis importantes da música galega que chegarán a Castelo acompañadas das súas respectivas bandas para presentar os seu últimos traballos discográficos e repasar os seus grandes temas.

Guadi é unha das artistas máis recoñecidas da música galega. Leva dende moi nova actuando en solitario ou en bandas como Berrogüetto, Nordestin@s ou aCadaCanto. Ao longo da súa traxectoria recibiu numerosos premios como o Martín Códax da Música ou o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado no 2020 polo seu traballo Inmersión, no que que reinterpreta temas seus antados en sete linguas peninsulares. No Castelo Conta ofrecerá un dos últimos concertos da xira Costuras.

Xabier Díaz leva toda a vida facendo e descubrindo músicas. Participou en proxectos de Nova Galega de Danza e no grupo Berrogüeto até a súa disolución. Xunto con Guadi, Xosé Lois Romero e Guillerme Fernández participou en aCadaCanto e tamén ten colaborado con Carmen París, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera ou Os Cempés. Percorreu medio mundo coa súa música e recibiu numerosos premios polos seus traballos. Xunto as Adufeiras de Salitre chega a Castelo para sumerxirnos no seu son.

Consigue as túas entradas para este concerto aquí ou nos puntos de venda físicos.

Noticias relacionadas

X