Queremos que o rural siga contando: aquí e noutros lugares deste país. Que se fale de nós, que sexamos epicentro cultural de todo o mellor: a conservación do patrimonio e a memoria local, o coidado dos espazos naturais, e a posta en valor das tradicións desde unha perspectiva interxeracional.
Facerse socia ou socio de Castelo Conta ten un custo de 20 euros ao ano, que inclúen descontos en todas as nosas actividades, e unha camisola coa que presumir deste proxecto cada ano.