DO LUNS 24 AO SÁBADO 29|14:00

Vermús na Taberna

Casa Rodríguez, a Taberna do Castelo Conta, acolle unha nova edición dos Vermús na Taberna, unha proposta que reúne gastronomía galega, música en directo e encontro arredor da cultura do país.

Taberna

Cada día, cociñeiros e cociñeiras galegos de referencia prepararán en directo petiscos con produto de proximidade, acompañados por diferentes artistas e grupos musicais.

  • Luns 24: Jorge Trigo (A Espiga) e Nacho Moreira (La Esquina de Valentina e Concha), coa música de Factoría de Subsistencia.
  • Martes 25: Manuel Rodríguez (Playa de A Cova) e Begoña Vázquez (Regueiro da Cova), coa música de Tapa d’Orella.
  • Mércores 26: Lolo Mosteiro e Paula Martínez (A Artesa da Moza Crecha) e Damián Paris (Decanta-t), coa música de Balteira.
  • Xoves 27: Bea Sotelo e Álex Méndez (Os Cachivaches), coa música de Unto Vello.
  • Venres 28: Kike Piñeiro (A Horta do Obradoiro) e Lucía Freitas (A Tafona), coa música de Ulex.
  • Sábado 29: Chisco Jiménez (Culuca), Moncho Méndez (Millo), David Vilariño e Patricia Navarrete (Taberna do Campo) e Pablo Morales (Habaziro), coa música de Skadelos, Quinkillada, e Tanto Nos Ten.

Os Vermús na Taberna recuperan o espírito da Casa Rodríguez, un antigo ultramarinos e punto de encontro veciñal que volve ser, durante o festival, o centro social da parroquia. 

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.