MARTES 25 DE AGOSTO|14:00

Tapa d’Orella

O dúo de artistas fai da mestura das súas músicas unha proposta divertida que retrata o cotiá sen filtros e o espíritu da festa popular.

Taberna

Joaquín e Darío, son dous colegas que xuntaron as súas consolidadas carreiras individuais para crear un proxecto conxunto en nome da música electrónica e roqueira, con raíces na tradición galega e influencia do ska. O seu obxectivo é pasalo ben e crear espectáculo. Este ano traerán a súa festa ao Castelo Conta, o martes 25, nos Vermús na Taberna. 

Tapa d’Orella nace da música de Willoz GHZ e Pappaquino, para crear unha serie de sinxelos centrados na retranca e a cultura festiva. Co seu estilo único presentan unha proposta para todo tipo de públicos, desde cativos ata xeracións máis veteranas. 

Propoñen ritmos contemporáneos do espectro urbá, coa intención de adaptar a enerxía das festas populares ao formato electrónico. Coa suma de líricas picarescas e humorísticas, crean o que eles chaman as súas ‘racións’ musicais. 

O debut do dúo neste ano, consolidou unha lista de cinco sinxelos, cos que suman 13.700 oíntes en plataformas de escoita dixital. Nas súas redes sociais, Tapa d’Orella comparte anacos das súas producións en directo, para promover as interaccións co seu público e as xeracións máis novas. 

Este, promete ser un concerto de pura diversión e festa perfecto para amenizar a sesión vermú, onde a amizade e os memes líricos formarán un ambiente desenfadado de xuntanza interxeracional.  

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.