As cancións da serie musical en galego Bibopalula chegarán ao escenario da man de Isabel Garrido, que interpretará os temas da súa banda sonora xunto a Luis Lago, Graciela Carlos e Pedro Placer, nun espectáculo pensado para gozar en familia.
Robin, Merli, Pegui e Carpin volverán ao Castelo Conta para facer gozar á cativada nun encontro cheo de música, natureza e imaxinación. Unha oportunidade para cantar as cancións da serie en directo e descubrir, unha vez máis, o universo dos paxariños da Banda do Bosque.


