O grupo de baile de Castelo conformouse hai dous anos e, desde entón, todas as súas integrantes ensaiaron arreo sábado tras sábado. Esta será a súa segunda gran actuación diante do público.
Antes do comezo dos concerto de Ailá e da foliada, o grupo ofrecerá unha exhibición que servirá para abrir a noite e dará paso a unha celebración na que o baile e a música popular tomarán o relevo e serán os grandes protagonistas.


