Estreamos a app do Castelo Conta

Nela poderás acceder a contidos exclusivos e recibir notificacións de todo o que acontece durante a semana.

Esta edición vén con moitas novidades, e a app do Castelo Conta é unha das máis especiais. Dispoñible para a súa descarga en teléfonos Android e iOS, a aplicación manterache ao día de todo o que pasa no festival, avisándote de todo o que acontece ao minuto.

Con esta aplicación terás no peto a programación diaria, as últimas noticias, o mapa do festival e unha selección de entrevistas e pezas documentais en audio para que escoites cando queiras. Como xa contamos, esta edición os Contos de Castelo mudan de formato para converterse nun podcast conducido por comunicadores e xornalistas recoñecidos. Estes programas estarán tamén dispoñibles na aplicación, aos que se lle irán sumando diferentes pezas de audio narrativas e documentais segundo vaian acontecendo cousas no Castelo Conta.

Se descargas a app durante este primeiro día, recibirás como obsequio unha bolsa da edición 2022 do Castelo Conta que poderás recoller no punto informativo do festival.

Mañá arrincamos, non quedes sen ela!

Noticias relacionadas

Pasámolo ben desfrutando e coidando do monte

Temos a sorte de celebrar un festival nun lugar privilexiado. Temos tamén a responsabilidade de coidalo e mantelo para que as xeracións que veñan detrás poidan seguir vivindo e gozando deste sitio único.

Ler máis