Castelo Conta 2026 · ‘Do Santiago ao San Ramón’
Así foi o domingo de San Ramón no Castelo Conta 2026. Unha xornada para celebrar a tradición, compartir mesa e despedir unha semana de festa feita en comunidade.
Así foi o domingo de San Ramón no Castelo Conta 2026. Unha xornada para celebrar a tradición, compartir mesa e despedir unha semana de festa feita en comunidade.
O último día do Castelo Conta foi unha xornada para lembrar! Amencemos ao son da alborada e o aroma a café e seguimos coa xa tradicional ruta de coches clásicos. Mentres, na capela de San Ramón, celebrouse a misa. E, para pechar esta volta á festa, unha romaría coma as de toda a vida: un xantar popular acompañado da música de La Ocaband.
O sábado do Castelo Conta2026 foi unha xornada para cantar, comer, rir e bailar: desde Bibopalula e a gran sesión vermú ata a Noite do Castelo Conta e o concerto de Gin Toni’s.
Pechamos o sábado! Neste día houbo de todo: a mañá comezou ao son dos paxaros de Bibopalula, seguida dun completo vermú con Chisco Jiménez, David Vilariño, Moncho Méndez e Pablo Morales. Ao mediodía chegou a música coa festa de Tanto Nos Ten, á que seguiron Quinkillada e Skadelos. O broche de ouro da xornada foi a Noite do Castelo Conta.
A última mañá de Xente Miúda, os sabores do mar na Taberna, os mitos e lendas do monte Xalo e unha noite de música con Antía Muíño e Xoel López. Así foi o venres no Castelo Conta 2026.
O venres tivemos unha xornada ben completa! Comezamos coa maxia do cine de sombras de Xente Miúda, seguimos cun Vermú na Taberna con Kike Piñeiro, Lucía Freitas e Ulex, e pola tarde gozamos de mitos e lendas con Contos Castelo. Para pechar, os concertos de Antía Muíño e Xoel López puxeron o broche de ouro.
Coidados, historias de vida e a emoción da estrea de ‘Mulleres que Contan’. Un día que comezou entre música e baile e acabou coa Polideportiva convertida en festa coa volta de De Ninghures.
O xoves foi un deses días nos que pasou de todo! Comezamos cun obradoiro de Xavi Lozano e un Vermú na Taberna con Bea Sotelo e Álex Méndez, coa música de Unto Vello. Pola tarde, conversamos sobre os coidados e estreamos o documental ‘Mulleres que Contan’. E para pechar, a feira de De Ninghures puxo punto e final a unha xornada ben completa.
Onte, a choiva non impediu que o mércores estivese cheo de baile, música e tradición. Desde Xente Miúda ata a Foliada, pasamos o día entre monicreques, contos, petiscos e moitos pasos de baile. Así foi o mércores 26 do Castelo Conta 2026.
Onte a cousa foi de baile! Tivemos a Artur Puga cos seus obradoiros, dedicados ao ensino do movemento. Os nenos tamén desfrutaron do espectáculo de monicreques, ‘O tranvía de Leonardo’. O vermú tivo o sabor dos bocadillos de churrasco de Damián París, Lolo Mosteiro e Paula Martínez. E a xornada pechouse co concerto de Ailá e a tan agardada foliada do Castelo Conta.
O segundo día do Castelo Conta levounos das fragas de Cabrois ás regueifas de Vilaverde, para rematar a noite ao ritmo da nova música urbana galega. Así foi o Martes do Castelo Conta 2026.
A xornada comezou coa cativada de Xente Miúda, que percorreu a fraga de Cabrois para descubrir as especies autóctonas da contorna. O Vermú na Taberna tivo sabor a Ribeira Sacra: aos fogóns, Begoña Vázquez e Manuel Rodríguez. A música que os acompañou foi a do dúo Tapa d’Orella que, máis que ‘racións musicais’, serviron o menú completo. E ao caer o sol, os protagonistas do serán foron as novas voces da escena urbana galega: Kid Mount e 9Louro.