“Morreulles a nai. Dende os dez anos, Maruxa era a muller da casa”. Ser muller é difícil, antes máis, no rural xa nin falamos.
Ser muller é difícil, antes máis, no rural xa nin falamos. Como se fala neste episodio conducido por Marga Pazos, as mulleres anónimas da Historia son as protagonistas da Historia. A Eira de López acolle esta conversa na que que as mulleres de Castelo son as protagonistas. Participa tamén Hadriana Casla, quen está a realizar un documental colaborativo coas nosas veciñas.
O peche musical pono Xabier Díaz, nun avance do que sería o primeiro concerto da edición de 2023 do Castelo Conta.