Contos de Castelo 2023 · O traballo

Ao falar de traballo, a xente de Castelo ten moito que dicir, que bastantes pasaron e grazas a eles o noso mundo é o que é.

É o que ocupa a maior parte das nosas vidas. O traballo, aínda así, é máis levadeiro para uns que para outros. Coñecemos as historias das nosas veciñas e veciños, do que fixeron e deixaron de facer para gañar a vida. Algúns aquí preto, outros, lonxe e máis lonxe aínda. De oficios ou “traballos dos de antes” tamén nos fala Elena Ferro, zoqueira artesá. E pechamos a conversa con Celso Sanmartin, quen da arte de contar e escoitar fixo o seu traballo.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.