Atravesando o océano da man de Belém Tajes

A de Camariñas ofrecerá un concerto logo da estrea de ‘Nena’, da que é autora da banda sonora.

Coa súa música, Belém Tajes transmite a sensación de viaxar. Ela mesma viaxou dende Bos Aires, o seu lugar de nacemento, a Camariñas, sitio no que medrou. Dende moi pequena introduciuse no mundo da música tradicional. Formou parte de Luar na Lubre, con quen fixo a xira do XXX aniversario da agrupación. Tamén subiu a escenarios da man de artistas como Xosé Lois Romero e Aliboria, Sisters in the House ou Moura.

Sempre lle gustaron os mapas, e agora debuxa o mapa da súa carreira musical en solitario, influenciada por todos os lugares que pisou. De feito, Un mapa, o seu último disco, recolle a súa esencia conformando unha ponte entre a Costa da Morte e a Arxentina que a viu nacer.

Logo da estrea de Nena, cuxa banda sonora é da súa autoría, Belém ofrecerá un concerto na Eira do Ferrador (Xalo).

Unha gran programación para a Xente Miúda
Unha oportunidade única para ver o Combo Viramundo
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.