Hoxe as protagonistas foron as regueifas, pola mañá nun obradoiro coa cativada de Xente Miúda, a tarde, coa estrea do documental ‘Ao son dunha nova regueifa’ e para rematar, coas demostracións en directo.
Pola mañá houbo de novo Vermús na Taberna, esta vez con 9Louro poñendo a música e Damián de ‘Decanta-t’ e Lydia de ‘Ceibe’ nos fogos. Pola tarde, Isa Garrido foi a encargada de presentar Contos de Castelo.
O día pechou con todos os bailadores e bailadores no torreiro, ao son das gaitas, pandeiretas e regueifas.























