O Día Grande do Castelo Conta arrincou cunha churrascada que reuniu á veciñanza arredor da mesa. Con enerxías renovadas, botámonos a andar por Vilaverde, Castelo de Abaixo, Xalo e Folgueira, nun percorrido acompañado pola música de Os Viqueiras e a Charanga Mil9, e polas gargalladas dos monólogos de Marita Martínez, David Amor, Pepo Suevos, Quico Cadaval, Oswaldo Digón e Gari Garrido. A xornada pechouse, como manda a tradición, na taberna, cunha boa ración de fideuá e empanada que puxo o mellor sabor a un día de encontro e celebración.
O noveno día do Castelo Conta en fotos
Xa pola noite, o Castelo Conta viviu unha das citas máis esperadas: a Gala Final, presentada por Xosé A. Touriñán. Galifunk Brass puxo ritmo á chegada e, sobre o escenario, Quico Cadaval, Javier Veiga, David Perdomo, Oswaldo Digón, David Amor, Marita Martínez, Lucía Veiga e Patricia Castrillón fixeron tremer a polideportiva a gargalladas, cunha aparición sorpresa de Marta Hazas que puxo o público en pé. O peche chegou coa música de GinToni’s e DJ Mínimo, que prolongaron a festa ata a madrugada.

























