O día grande da comedia

O sábado é o día grande do Castelo Conta e a comedia colle o protagonismo. Logo de xantar, comezamos a andaina polas aldeas da parroquia na compaña dos gaiteiros e a charanga, con Pepo Suevos como guía. Celso Sanmartín e Marita Martínez foron os encargados das contadas nas paradas do percorrido.
A noite, desfrutamos dunha gran noite de comedia con Touriñán, Carlos Blanco, Gari Garrido, Licía Veiga, Marita Martínez, Patricia Castrillón, Federico Pérez, Isabel Risco, David Perdomo, Oswaldo Digón e Pepo Suevos.

Fotos: Aigi Boga

Arrincamos a mañá recollendo a bosa da andaina coas pulseiras, camisolas e sombreiros.
O azul foi a cor da camisola da andaina desta edición, con deseño da ilustradora Laura Mahía.
Os veciños prepararon o menú de hoxe: churrasco ou callos veganos, pan de carral e torta larpeira.
A xente non perdeu oportunidade de gardar e compartir os grandes momentos que vivimos.
Aínda que Aigi Boga, fotógrafo do Castelo Conta, nunca perde detalle do que aquí acontece.
Pepo Suevos conduciu unha vez máis a andaina para que ninguén quedase perdido, ou aburrido, por Castelo.
O camiño contou coa actuación de Marita Martínez.
E tamén de Celso Sanmartín, quen contou na casa de Romero e Esther.
As nosas aldeas recibiron aos visitantes un día máis.
O tempo acompañou finalmente e mesmo se agradeceu a sombra nalgúns tramos do camiño.
A noite abrírona os grandísimos Galifunk, que deixaron ao público moi arriba para comezar a noite dos monólogos.
Touriñán foi o encargado de abrir a noite.
Carlos Blanco foi o primeiro en saír a escena nunha noite espectacular na Polideportiva.
Gari Garrido rematou o seu monólogo convidando a Oswaldo Digón a cantar un tema da súa banda Almas de cántaro.
Lucía Veiga, Marita Martínez e Patricia Castrillón trouxeron de novo a impro a Castelo.
O alemán que mellor fai rir en Galego, Federico Pérez, continuou cos monólogos.
Nabiza Girl volveu a Castelo da man de Isabel Risco.
Perdomo tróuxonos unha versión coruñesa do conto do lobo e os sete cabritos.
A impro volveu ao escenario desta volta con convidados especiais.
Oswaldo Digón volveu subir ao escenario para facer o seu show.
Pechou a noite deste ano Pepo Suevos, o cómico que nunca repite camisola de baloncesto.
Máis de 1.900 persoas ateigaron a Polideportiva de Castelo.
Non puido faltar a foto de familia desta edición.
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.