O cuarto día do Castelo Conta en fotos

Hoxe inauguramos Xente Miúda, onde as crianzas aprenderon a técnica da cianotipia. Nacho Morán e Jorge Trigo foron os chefs encargados de facer os petiscos para os Vermús na Taberna, nos que soou a música de Brais Morán & Nasaufunk.

Comeza Xente Miúda!
Iria, de Castelo Studio, ensinoulles a técnica da cianotipia.
Hoxe foi o primeiro día dos Vermús na Taberna, que continuarán ata o venres.
Jorge Trigo, de ‘La Espiga’.
Os chefs de ‘La esquina de Valentina’.
Brais Morán & NASAUFUNK animaron a xornada.
Xosé A. Touriñán, Óscar Cruz e Tone Martinez.
contos
Marga Pazos Barcala foi a presentadora de Contos do Castelo.
Xabier Díaz presentou ‘Cancioneiro Galego Serodio (1989 – 2012)’.
De Vacas foron as encargadas de pechar a noite.

A tarde abriuse con Contos do Castelo, que este ano veu nun formato televisivo. Xabier Díaz continuou o serán na Casa de López presentando o seu libro, ‘Cancioneiro Galego Serodio (1989 – 2012)’. De Vacas pechou o día interpretando versións de algunhas cantigas das divas do pop.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.