Despedimos o Castelo Conta coa romaría do San Ramón

O domingo remata o Castelo Conta coa tradicional romaría.

Fotos: Aigi Boga

Os clásicos chegaron a Castelo nunha ruta na que coñeceron a parroquia.
Cadillac, Triumph, Ford, Mercedes e tamtos outros vehículos clásicos foron o centro de atención nesta mañá de domingo.
A xente non quixo perder a oportunidade de sacar unha foto na Volkswagen T1 na que chegaron as veciñas á estrea de ‘Mulleres de Castelo’.
Tivemos tamén a visita de artesás da contorna que trouxeron as súas creacións.
A pulpeira tivo moito traballo nesta xornada na que preto de 600 persoas se achegaron a despedir a festa.
A orquestra sinfonía amenizou o xantar.
O ambiente familiar do Castelo Conta tamén estivo presente este último día de festival.
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.