Unha semana de actividades para os Miúdos

Os pequenos teñen a súa propia programación no Castelo Conta. Unha semana de actividades, xogos e obradoiros pensadas para os miúdos.

Tres nenas camiñando polo monte Xalo con mochilas rotuladas co logo de Xente Miúda, durante o Castelo Conta do 2019

Do 22 ao 26 de agosto, as mañás do Castelo Conta serán para as e os máis pequenos. De 10.00 a 14.00 horas, a cativada desfrutará na polideportiva de numerosas actividades logo dun almorzo con Deleite. Teremos xogos tradicionais todos os días, aprenderemos a crear un espectáculo de teatro musical que logo representaremos, descubriremos as posibilidades do papel para crear obxectos e animais…

Todas as actividades teñen como un dos seus principais obxectivos concienciar, mentres nos divertimos, da importancia do coidar e protexer a nosa contorna e a todas as especies que viven con nós en Castelo. Por iso tamén subiremos ao Xalo, para aprender sobre as nosas prantas e árbores; faremos unha plantación de especies autóctonas, un obradoiro de autocultivo para colleitar as nosas propias verduras e legumes e crearemos un hoteliño para insectos co que aprenderemos o beneficiosos que son para a nosa horta!

Como inscribirse para a Xente Miúda do Castelo Conta?

Para anotar aos miúdos tes que cubrir o formulario para solicitar unha praza e nos próximos días contactaremos contigo para confirmarche a inscrición e xestionar o pagamento. O prezo é de 60€ por cativo ou 40€ no caso de anotar varios irmáns.

 

Xa están dispoñibles as entradas e convites para o Castelo Conta
Única ocasión para ver ‘Somos Criminais 3’ este verán
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.