MÉRCORES 26 DE AGOSTO|20:30

Grupo de baile de Castelo

A súa actuación abrirá o serán do mércores, poñendo en valor a tradición, o patrimonio inmaterial e o esforzo levado a cabo pola parroquia para manter viva a cultura popular.

O grupo de baile de Castelo conformouse hai dous anos e, desde entón, todas as súas integrantes ensaiaron arreo sábado tras sábado. Esta será a súa segunda gran actuación diante do público.

Antes do comezo dos concerto de Ailá e da foliada, o grupo ofrecerá unha exhibición que servirá para abrir a noite e dará paso a unha celebración na que o baile e a música popular tomarán o relevo e serán os grandes protagonistas.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.