Sábado 29 de agosto|13:00

O concerto de Bibopalula

O Castelo Conta recibe de novo a visita da Banda do Bosque cun concerto moi especial no que a música será a protagonista.

Taberna

As cancións da serie musical en galego Bibopalula chegarán ao escenario da man de Isabel Garrido, que interpretará os temas da súa banda sonora xunto a Luis Lago, Graciela Carlos e Pedro Placer, nun espectáculo pensado para gozar en familia.

Robin, Merli, Pegui e Carpin volverán ao Castelo Conta para facer gozar á cativada nun encontro cheo de música, natureza e imaxinación. Unha oportunidade para cantar as cancións da serie en directo e descubrir, unha vez máis, o universo dos paxariños da Banda do Bosque.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.