Cada día, cociñeiros e cociñeiras galegos de referencia prepararán en directo petiscos con produto de proximidade, acompañados por diferentes artistas e grupos musicais.
- Luns 24: Jorge Trigo (A Espiga) e Nacho Moreira (La Esquina de Valentina e Concha), coa música de Factoría de Subsistencia.
- Martes 25: Manuel Rodríguez (Playa de A Cova) e Begoña Vázquez (Regueiro da Cova), coa música de Tapa d’Orella.
- Mércores 26: Lolo Mosteiro e Paula Martínez (A Artesa da Moza Crecha) e Damián Paris (Decanta-t), coa música de Balteira.
- Xoves 27: Bea Sotelo e Álex Méndez (Os Cachivaches), coa música de Unto Vello.
- Venres 28: Kike Piñeiro (A Horta do Obradoiro) e Lucía Freitas (A Tafona), coa música de Ulex.
- Sábado 29: Chisco Jiménez (Culuca), Moncho Méndez (Millo), David Vilariño e Patricia Navarrete (Taberna do Campo) e Pablo Morales (Habaziro), coa música de Skadelos, Quinkillada, e Tanto Nos Ten.
Os Vermús na Taberna recuperan o espírito da Casa Rodríguez, un antigo ultramarinos e punto de encontro veciñal que volve ser, durante o festival, o centro social da parroquia.


