VENRES 28 |21:30

Antía Muíño

Cantante, guitarrista e compositora, a súa música nace do encontro entre as raíces e o presente para crear unha paisaxe sonora íntima e persoal.

Antía Muíño creceu profundamente vinculada á tradición musical galega, un legado que segue latindo nas súas melodías e que, co paso do tempo e a formación da súa carreira profesional, soubo enriquecelas explorando novos camiños como o jazz, o pop ou a música iberoamericana. 

A súa voz, versátil e persoal, da forma a un universo sonoro íntimo e cálido, onde conviven a sensibilidade da canción de autor coa sonoridade contemporánea. Cada letra que compón está atravesada pola emoción e a honestidade, invitando a quen a escoite a deixarse levar pola calma, a beleza e a profundidade das súas historias. 

Co seu primeiro traballo, Carta Aberta (2022), converteuse nunha das voces emerxentes máis destacadas da escena galega, rozando os dous millóns de reproducións nas súas redes sociais. 

Antía Muíño vai traer ó Castelo Conta unha proposta musical capaz de conquistar ó público cunha música auténtica, delicada e chea de identidade.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.