MÉRCORES 26 DE AGOSTO|13:30

‘As pegadas do Baile’

Un encontro para descubrir o baile tradicional galego desde a práctica, sen complexos e co único obxectivo de gozar bailando. Unha proposta aberta a todas as idades para aprender, compartir e manter viva unha das expresións máis populares da nosa cultura.

Taberna

Da man do bailador Artur Puga, o Castelo Conta acollerá unha sesión dunha iniciativa que convida a achegarse ao baile tradicional galego dun xeito participativo e accesible. A actividade está pensada para que calquera persoa, teña ou non experiencia, poida aprender os pasos básicos e descubrir o pracer de bailar en comunidade.

A proposta forma parte do proxecto As Pegadas do Baile, impulsado para achegar o baile tradicional a novos públicos e facilitar a súa aprendizaxe a través dunha metodoloxía sinxela e aberta. Unha iniciativa que nace coa vontade de reivindicar o baile como patrimonio vivo e como unha forma de encontro interxeracional.

No Castelo Conta, Artur Puga converterá o vermú do mércores nun torreiro en toda regra, recuperando os nosos bailes tradicionais e convidando a veciñanza e visitantes a formar parte da festa.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.