Presentamos o Castelo Conta 2025

Así foi a presentación da décima edición do festival

O pasado mércores vivimos un día moi especial no Campo da Capela de San Ramón, onde anunciamos dez días de festa que remexerán as aldeas de Castelo este verán.

No acto, conducido por Xosé A. Touriñán, participaron representantes das institucións e empresas colaboradoras, e desvelouse a programación, que concentra máis de cincuenta actividades no seu total.

Do 22 ao 31 de agosto, haberá música, contos, gastronomía, espectáculos e moita emoción para celebrar dez anos de cultura feita desde o rural. Xa falta menos!

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.