Ver e escoitar

Filtrar
Tipo
Reset
Ano
Reset
Colección
Reset

O martes, a palabra foi a protagonista no Castelo Conta

No segundo día de festival, volveron os vermús e a música volveron á Taberna. Os miúdos recibiron unha visita moi especial grazas ás amigas de Finca Abrigosa.
No serán, a palabra foi a protagonista con Xosé Ramón Gayoso conducicindo uns contos nos que falamos de milagres, lendas e regueifa.
Sobre esta arte centenaria aprendimos e desfrutamos dela grazas a Manolo Maseda, Lupe Blanco e Josiño da Teixeira.
Rematamos o día coa música de Tiruleque e con Eris Mackenzie, quen fixo dobrete neste martes festeiro.

Ver galería

Así foi o luns do Castelo Conta!

Arrincamos o Castelo Conta inaugurando os vermús, volvendo cos Contos de Castelo e cunha sesión de cine e música na Eira de López.

Ver vídeo

Así comezou o Castelo Conta

Este luns comezou unha nova edición do Castelo Conta. Arrincamos coa Xente Miúda, estreamos a Taberna do Castelo Conta cos vermús, volveron os contos e tivemos sesión de cine con ‘+Cuñados’ e música con Lamatumbá.

Ver galería

Os lavadoiros

Coñecemos como se lavaba no río. E tamén como se laretaba.

Escoitar

O fiado do liño

A nosa veciña Carme cóntanos como era o proceso de fiar o liño. E a festa que viña logo!

Escoitar

O castaño da Grila

O Castaño da Grila ten moitas historias e todas de medo. Hoxe queda só o tocón, mais as lendas aínda se escoitan en todo Castelo.

Escoitar

A escola dos nenos

Da escola dos nenos quedan as paredes e o tellado, pero aínda hai quen se lembra do mestre e do rebulir da cativada.

Escoitar

As cerdeiras

Aínda podemos ver algunha cerdeira en Castelo, pero fai tempo había tantas que facían falta moitas mans para apañar as cereixas.

Escoitar

A fonte da cova

En tempos, había que recoller a auga para ter para beber, lavarse e cociñar. Preto de onde estamos agora, estaba a Fonte da Cova, que non era milagreira, pero tiña unha auga moi fresquiña.

Escoitar
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.