Contos de Castelo 2024 · O monte Xalo
Os Contos de Castelo suben ao monte para falar sobre todo o que aquí pasou e do que aínda vai pasar. O Xalo é un lugar cheo de vida onde queda moito por contar.
Os Contos de Castelo suben ao monte para falar sobre todo o que aquí pasou e do que aínda vai pasar. O Xalo é un lugar cheo de vida onde queda moito por contar.
Os Contos de Castelo xiraron arredor do deporte e nesta parroquia iso non significa falar só de fútbol. Hai moito máis mundo.
Os santos non comen pero os festeiros e as festeiras si, e o xantar da festa dá moito que falar.
Gayoso deixa o ‘Luar’ por un día para conversar nos Contos de Castelo sobre remedios e milagres ou, o que é o mesmo, sobre medicina con maxia.
Federico Pérez e Miguel de Lira abriron a temporada 2024 dos Contos de Castelo para falar sobre como mudou a nosa realidade a través do cine e a fotografía.
Rematou a edición máis extensa ata o momento do festival. Repasamos os todo o que aconteceu neste Castelo Conta 2024.
Nun ano estaremos dándolle outra volta á festa!
O domingo remata o Castelo Conta coa tradicional romaría.
O sábado é o día grande do Castelo Conta e a comedia colle o protagonismo. Logo de xantar, comezamos a andaina polas aldeas da parroquia na compaña dos gaiteiros e a charanga, con Pepo Suevos como guía. Celso Sanmartín e Marita Martínez foron os encargados das contadas nas paradas do percorrido.
A noite, desfrutamos dunha gran noite de comedia con Touriñán, Carlos Blanco, Gari Garrido, Licía Veiga, Marita Martínez, Patricia Castrillón, Federico Pérez, Isabel Risco, David Perdomo, Oswaldo Digón e Pepo Suevos.
Este venres tivemos a Uxía Lambona e a Banda Molona, crnds, Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, Sés e aos Dios ke te crew!
Xo xoves estreamos o escenario da Polideportiva para encarar a fin de semana do Castelo Conta.
As mulleres de Castelo foron as protagonistas desta xornada na que estreamos o documental ‘Mulleres de Castelo’.
A palabra foi a protagonista nesta segunda xornada do Castelo Conta. Gayoso foi o condutor dos Contos de Castelo, Eris Mackenzie fixo dobrete na casa e a regueifa contaxiou a todo Vilaverde.