Ver e escoitar

Filtrar
Tipo
Reset
Ano
Reset
Colección
Reset

O primeiro día do Castelo Conta en fotos

A décima edición do festival arrincou cun serán inesquecible: Carlos Núñez inaugurou o Castelo Conta entre emocións, tradición e vangarda, e Peter Sélek fixo do Xalo unha pista de baile.

Ver galería

Todo o que pasou na taberna do Castelo Conta

Nos vinte e un días de programación previos ao festival, Casa Rodríguez acolleu actividades que quenceron Castelo e prepararon á parroquia para a chegada da décima edición do Castelo Conta.

Ver galería

Cata de Viños Méndez-Rojo na taberna do Castelo Conta

Onte fixemos unha viaxe polos sabores e a memoria galega cunha cata moi especial dos viños de Méndez-Rojo en Casa Rodríguez. Unha adega con máis de oitenta anos de historia que nos ofreceu viños tan espectaculares como os da súa adega Vía Romana, con denominación de orixe na Ribeira Sacra.

Ver galería

Sés estrea unha canción inédita dedicada a Castelo

Non hai mellor maneira de celebrar a reapertura da taberna do Castelo Conta que poñendo banda sonora ao espírito que sostén este festival desde hai unha década. Este venres, Casa Rodríguez, que abrirá todo o mes de agosto como punto de encontro veciñal con programación cultural e gastronómica, inagurouse coa estrea dunha canción inédita de Sés, creada especialmente para o festival. Un xeito simbólico de dar comezo ao Castelo Conta a través da música, da palabra e da emoción compartida. Porque non hai mellor maneira de celebrar dez anos que poñendo banda sonora ao que somos.

Ver vídeo
presentacion_casteloconta2025

Presentación do Castelo Conta 2025

O Castelo Conta celebra dez anos de historia e arrancámolo como sempre: xuntándonos para compartir festa, cultura e comunidade. Veciñanza, institucións e empresas déronse cita para coñecer a programación máis especial da historia do festival, cun cartel que mestura tradición, música, humor e memoria. Un adianto do que viviremos en agosto e unha mostra do que significa celebrar xuntos.

Ver galería

Contos de Castelo 2024 · O monte Xalo

Os Contos de Castelo suben ao monte para falar sobre todo o que aquí pasou e do que aínda vai pasar. O Xalo é un lugar cheo de vida onde queda moito por contar.

Escoitar
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.