O primeiro día do Castelo Conta en fotos
A décima edición do festival arrincou cun serán inesquecible: Carlos Núñez inaugurou o Castelo Conta entre emocións, tradición e vangarda, e Peter Sélek fixo do Xalo unha pista de baile.
A décima edición do festival arrincou cun serán inesquecible: Carlos Núñez inaugurou o Castelo Conta entre emocións, tradición e vangarda, e Peter Sélek fixo do Xalo unha pista de baile.
Nos vinte e un días de programación previos ao festival, Casa Rodríguez acolleu actividades que quenceron Castelo e prepararon á parroquia para a chegada da décima edición do Castelo Conta.
Onte fixemos unha viaxe polos sabores e a memoria galega cunha cata moi especial dos viños de Méndez-Rojo en Casa Rodríguez. Unha adega con máis de oitenta anos de historia que nos ofreceu viños tan espectaculares como os da súa adega Vía Romana, con denominación de orixe na Ribeira Sacra.
Un percorrido polas imaxes e testemuños das persoas que fan posible o festival, e que representan á comunidade que fixo medrar este proxecto ata converterse nun exemplo de cultura compartida no rural. O fío común entre saúde e humor: o sorriso.
O martes 12 de agosto, Casa Rodríguez acolleu a gravación en directo do podcast Velaí Vai, que encheu a taberna de conversacións, historias e boa compañía. Un encontro único para compartir cultura e comunidade antes do arranque do festival.
Non hai mellor maneira de celebrar a reapertura da taberna do Castelo Conta que poñendo banda sonora ao espírito que sostén este festival desde hai unha década. Este venres, Casa Rodríguez, que abrirá todo o mes de agosto como punto de encontro veciñal con programación cultural e gastronómica, inagurouse coa estrea dunha canción inédita de Sés, creada especialmente para o festival. Un xeito simbólico de dar comezo ao Castelo Conta a través da música, da palabra e da emoción compartida. Porque non hai mellor maneira de celebrar dez anos que poñendo banda sonora ao que somos.
O Castelo Conta celebra dez anos de historia e arrancámolo como sempre: xuntándonos para compartir festa, cultura e comunidade. Veciñanza, institucións e empresas déronse cita para coñecer a programación máis especial da historia do festival, cun cartel que mestura tradición, música, humor e memoria. Un adianto do que viviremos en agosto e unha mostra do que significa celebrar xuntos.
Así foi a presentación da décima edición do festival
Os Contos de Castelo suben ao monte para falar sobre todo o que aquí pasou e do que aínda vai pasar. O Xalo é un lugar cheo de vida onde queda moito por contar.
Os Contos de Castelo xiraron arredor do deporte e nesta parroquia iso non significa falar só de fútbol. Hai moito máis mundo.
Os santos non comen pero os festeiros e as festeiras si, e o xantar da festa dá moito que falar.
Gayoso deixa o ‘Luar’ por un día para conversar nos Contos de Castelo sobre remedios e milagres ou, o que é o mesmo, sobre medicina con maxia.