Ver e escoitar

Filtrar
Tipo
Reset
Ano
Reset
Colección
Reset

Así se viviu o sexto día do Castelo Conta

Improvisación, baile e festa sen descanso. A sexta xornada do Castelo Conta 2025 pasou pola frescura da cativada no obradoiro de regueifas, a estrea da serie Pipo, un vermú de vangarda con sabor e música, os Contos de Castelo e a presentación do documental ‘Ao son da nova regueifa’. O peche puxo o torreiro a tremer cunha foliada interminable.

Ver vídeo

O sexto día do Castelo Conta en fotos

Hoxe as protagonistas foron as regueifas, pola mañá nun obradoiro coa cativada de Xente Miúda,  a tarde, coa estrea do documental ‘Ao son dunha nova regueifa’ e para rematar, coas demostracións en directo.

Ver galería

Así se viviu o quinto día do Castelo Conta

A quinta xornada do festival levounos da fraga de Cabrois ata a festa musical: Xente Miúda, un vermú na taberna con auténticos artistas dos sabores e Abril poñendo a música, os Contos de Castelo máis xogosos e dous concertos que puxeron a enerxía por todo o alto, Lisdexia e Monoulious DOP.

Ver vídeo

Dez anos, dez sorrisos, dez historias

As fotografías que conforman a exposición son obra de AIGI BOGA e cada unha acompáñase dun pequeno testemuño das persoas retratadas, o que reflicte un fío común entre saúde e humor: o sorriso.

Ver galería

O quinto día do Castelo Conta en fotos

A xornada comezou con Xente Miúda, na que percorreron a fraga de Cabrois para descubrir as árbores que alberga. Na sesión vermú tivemos cociñando aos chefs de A Horta do Obradoiro e a A Artesa da Crecha, a música que os acompañou foi a do grupo Abril.

Ver galería

Así se viviu o cuarto día do Castelo Conta

A cuarta xornada do festival trouxo consigo o arranque das actividades semanais, o inicio dos Contos de Castelo e unha chea de emocións: desde o talento da cativada en Xente Miúda ata a homenaxe sorpresa a Xabier Díaz, pasando polo humor reivindicativo de De Vacas.

Ver vídeo

O cuarto día do Castelo Conta en fotos

Hoxe inauguramos Xente Miúda, onde as crianzas aprenderon a técnica da cianotipia. Nacho Morán e Jorge Trigo foron os chefs encargados de facer os petiscos para os Vermús na Taberna, nos que soou a música de Brais Morán & Nasaufunk.

Ver galería

Así se viviu o terceiro día do Castelo Conta

O peche do escenario natural do Xalo foi unha despedida por todo o alto: Bibopalula fixo soñar ás crianzas, as Tanxugueiras encheron o monte coa forza das pandeiretas, e Sés pechou o festival estreando en directo ‘Todo Castelo Conta’, convertido xa en himno colectivo.

Ver vídeo

O terceiro día do Castelo Conta en fotos

O día comezou ao son dos paxaros de Bibopapula, o Monte Xalo acolleu unha xornada de concertos onde o público desfrutou deste espazo escoitando a Tanxugueiras na sesión vermú e a Sés, que pechou o día.

Ver galería

Así se viviu o segundo día do Castelo Conta

A xornada comezou con Pulpiño Viascón na taberna e continuou no Monte Xalo, onde descubrimos máis da importancia deste espazo tan máxico. A noite pechou coa enerxía e os bailes nos concertos de Alana e Ortiga, que puxeron todo o mundo a rebolar.

Ver vídeo

O segundo día do Castelo Conta en fotos

A xornada comezou con Pulpiño Viascón na taberna e continuou no Monte Xalo, onde descubrimos máis da importancia deste espazo tan máxico. A noite pechou coa enerxía e os bailes nos concertos de Alana e Ortiga, que puxeron todo o mundo a rebolar.

Ver galería

Así se viviu o primeiro día do Castelo Conta

Carlos Núñez rompeu o xeo co son inconfundible da gaita, facendo bailar ao público mentres Peter Sélek lle puxo o broche final á noite cunha sesión que converteu o monte nunha pista de baile.

Ver vídeo
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.