Así foi a presentación de ‘Mulleres que Contan’ no Castelo Conta 2025
Mulleres que contan
2025
Un proxecto dirixido por Hadriana Casla que recoñece ás mulleres maiores do rural galego como memoria viva e gardiás da cultura.
Un proxecto dirixido por Hadriana Casla que recoñece ás mulleres maiores do rural galego como memoria viva e gardiás da cultura.
No Castelo Conta viaxamos por todo o mundo a través dos aromas de Cafés Lúa. Durante a mañá do venres 29, a veciñanza e os pais e nais da cativada asistentes a Xente Miúda achegáronse a Casa Rodríguez, a taberna do festival, para degustar os seus cafés artesanais. Converteuse nunha mañá para desfrutar, sorprenderse e probar.
O último día do Castelo Conta 2025 combinou tradición, memoria e festa: comezou cunha alborada ao son da gaita e co recendo de café, seguiu cunha romaría con coches clásicos, pulpada e sesión vermú, e rematou cunha despedida colectiva que pechou dez días inesquecibles.
A Romaría do San Ramón foi a encargada de despedir o Castelo Conta deste ano. Desde cedo soaron as gaitas na tradicional alborada e, mentres na capela se celebraban as misas, os coches clásicos percorreron as aldeas ata chegar a Castelo.
O Día Grande da décima edición do Castelo Conta 2025 foi un percorrido completo: dende o xantar comunitario que encheu de arrecendo toda a parroquia, á andaina con música e humor polas aldeas, ata unha noite que regresou ás orixes cos monólogos, e que se converteu nunha festa con Gin Toni’s e DJ Mínimo.
O Día Grande do Castelo Conta arrincou cunha churrascada que reuniu á veciñanza arredor da mesa. Con enerxías renovadas, botámonos a andar por Vilaverde, Castelo de Abaixo, Xalo e Folgueira, nun percorrido acompañado pola música de Os Viqueiras e a Charanga Mil9, e polas gargalladas dos monólogos de Marita Martínez, David Amor, Pepo Suevos, Quico Cadaval, Oswaldo Digón e Gari Garrido. A xornada pechouse, como manda a tradición, na taberna, cunha boa ración de fideuá e empanada que puxo o mellor sabor a un día de encontro e celebración.
A xornada do venres no Castelo Conta 2025 estivo marcada polas emocións e as despedidas: a cativada puxo fin ao seu programa de Xente Miúda, celebramos o último Vermú na Taberna, pechamos os Contos de Castelo e vivimos unha noite chea de gargalladas con Somos Criminais e punto final, antes de rematar cunha descarga de rock da man de Zënzar.
A xornada arrincou co último día de Xente Miúda, cunha representación de Inventi Teatro e un obradoiro de canto con Sés. Despois, chegou a cata de Cafés Lúa, unha viaxe polos aromas do café artesanal na Casa Rodríguez. Na sesión vermú a taberna cobrou vida coa música de The Rapants, mentres Chisco Jiménez se puxo á fronte dos fogóns.
A sexta xornada do festival foi un percorrido completo: a creatividade dos máis pequenos en Xente Miúda, un vermú na taberna con sabor e música da man de Pava, a presentación do proxecto Mulleres que Contan, uns Contos de Castelo moi especiais e unha noite máxica coa Gala dos Dez Anos.
Hoxe o día comezou nas cociñas coas crianzas de Xente Miúda. Pasaron a mañá enteira elaborando pratos que logo se probaron nunha cata aberta ao público. Máis tarde, na taberna, celebramos de novo os Vermús, desta volta con Bea Sotelo e Bego Vázquez aos fogóns e Pava no escenario.
Improvisación, baile e festa sen descanso. A sexta xornada do Castelo Conta 2025 pasou pola frescura da cativada no obradoiro de regueifas, a estrea da serie Pipo, un vermú de vangarda con sabor e música, os Contos de Castelo e a presentación do documental ‘Ao son da nova regueifa’. O peche puxo o torreiro a tremer cunha foliada interminable.
Hoxe as protagonistas foron as regueifas, pola mañá nun obradoiro coa cativada de Xente Miúda, a tarde, coa estrea do documental ‘Ao son dunha nova regueifa’ e para rematar, coas demostracións en directo.