Ver e escoitar

Filtrar
Tipo
Reset
Ano
Reset
Colección
Reset

Castelo Conta 2025

A festa que quixo darlle a volta á festa é hoxe unha das maiores celebracións colectivas da cultura no rural do noso país. Sostible e comprometida. Construída desde a casa máis grande ata o lugar máis pequeno.

Ver vídeo

Mulleres en Rede · Presentación

A Illa de Arousa acolleu a presentación de Mulleres en Rede, un proxecto que amplía unha rede galega de creación colaborativa e apoio mutuo entre mulleres do rural. Unha xornada de memoria e coidados, con intervencións institucionais e un obradoiro participativo no que as mulleres da Illa, Vilaño e Castelo compartiron experiencias, lembranzas e vínculos. Así foi o encontro!

Ver vídeo

Presentación de Mulleres en Rede na Illa de Arousa

O pasado xoves tivo lugar a presentación do proxecto ‘Mulleres en rede’, impulsado pola Asociación Castelo Conta e o Colectivo GriGri, coa colaboración da Xunta de Galicia. A iniciativa segue a liña marcada por ‘Mulleres de Castelo’ e ‘Mulleres que Contan’, buscando visibilizar as experiencias, memorias e voces das mulleres maiores do rural galego.

Ver galería

Contos de Castelo · Fátima Pego

Fátima Pego puxo voz ao derradeiro Contos de Castelo, centrado nas festas e verbenas como espazos de memoria colectiva. Non faltaron o humor, os xogos e, sobre todo, a esencia desta sección: poñer no centro ás persoas maiores, ao rural e á nosa cultura.

Ver vídeo

Contos de Castelo · Federico Pérez

A cuarta xornada de Contos de Castelo, Fede Pérez recolleu o testemuño de ‘Mulleres que Contan’ para continuar a conversa coas participantes dos obradoiros arredor do autocoidado e a importancia de crear espazos seguros de confianza.

Ver vídeo

Contos de Castelo · Isabel Garrido

Isabel Garrido foi a encargada de conducir a terceira xornada dos Contos de Castelo, centrada nas festas máis universais. Do Nadal ao Samaín, pasando por vodas e enterros, as persoas asistentes compartiron lembranzas, anécdotas e tradicións propias.

Ver vídeo

Contos de Castelo · Óscar Cruz

Na segunda xornada dos Contos de Castelo, a veciñanza reuniuse para compartir reflexións sobre as novas formas de comunicarse e as dinámicas das xeracións máis novas. Co humor e a curiosidade como fíos condutores, e guiados por Óscar Cruz, o encontro culminou cun divertido quiz sobre a xeración Z que fixo rir, aprender e conectar a todas as idades.

Ver vídeo

Contos de Castelo · Marga Pazos

O luns 24 de agosto, deron comezo, no marco da décima edición do Castelo Conta, os Contos de Castelo. Nesta primeira xornada foron guiados por Marga Pazos, e adoptaron un formato renovado: un magazine en directo no que a veciñanza compartiu lembranzas e segredos arredor da festa.

Ver vídeo
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.