Xente Miúda

LUNS 21 - VENRES 25
De 10:00 a 13:30
Folgueira
75€ (50€ por irmán)

Unha semana de actividades para transmitirlle ás máis pequenas e pequenos o valor do medio ambiente e a importancia de coñecelo, coidalo e conservalo.

Ganas de pasalo ben é requisito para a Xente Miúda do Castelo Conta. A programación para as cativas e cativos chega nesta edición repleta de novidades. Desde a posibilidade de deseñar a mascota da Xente Miúda ata obradoiros de debuxo e xogos tradicionais, pasando por actividades xa imprescindibles do programa como as andainas pola contorna do Xalo ou a xornada de autocultivo. Destaca nesta edición da Xente Miúda un obradoiro musical, no cal prepararán un concerto final para sorprender ás súas familias e á veciñanza de Castelo.

A todo isto súmanse outras iniciativas como talleres de debuxo, unha busca do tesouro en Folgueira ou a estrea da serie Bechos… sen esquecer o almorzo a media mañá da man de Deleite e o gran xantar dos miúdos o venres, que virá acompañado do concerto de A Gramola Gominola.

A Xente Miúda é o espazo reservado para a cativada no Castelo Conta. Durante unha semana, poderán gozar dunha gran variedade de actividades, ao mesmo tempo que aprenden sobre o coidado da natureza, a importancia da oralidade e a conservación do patrimonio material e inmaterial.

X